A invisibilidade do mar e a das mulleres constitúe un suma e segue. Co obxectivo de contribuír a paliar esta situación é moi necesario trasladar á sociedade a importancia da sustentabilidade do mar con perspectiva de xénero. Neste caso, é relevante por un dobre motivo: en primeiro lugar, para facer visible a importancia do mar na sustentabilidade e, mesmo, para a supervivencia do planeta en que habitamos, porque os océanos son invisibles para a poboación, malia os case 1500 quilómetros de costa de Galicia e, en segundo, para amosar o papel decisivo das mulleres na sustentabilidade do mar desde o comezo dos séculos
Emma coñece o mar das mulleres
Emma é unha rapaza moi curiosa que nos invita a acompañala no seu percorrido polo destacado papel que as mulleres veñen xogando desde sempre na conservación dos océanos e na explotación sustentable dos recursos mariños.
Os océanos: o planeta azul
Os océanos cobren máis do 70% da superficie do globo. Neles está o 96% da auga da terra, producen o 50% do osíxeno do planeta e conteñen o 90% da biosfera
Océanos en perigo
"Se queremos salvarnos, temos que salvar os océanos" Elisabeth Mann Borghese daba a voz de alarma sobre as ameazas que poñen en perigo os nosos mares.
Redeiras, salga e conserva
As redeiras, a man de obra na industria conserveira e a salga son oficios centenarios desenvolvidos principalmente por mulleres dende hai séculos.
Marisqueo: traballo de mulleres
Dende hai moito tempo, as mulleres traballan no marisqueo a pé, sementando, cultivando e preparando o terreo en parceliñas.
As investigadoras mariñas
Coñece a algunha das pioneiras da Oceanografía, que tiveron que superar moitos obstáculos simplemente polo feito de ser mulleres.
Educar para a sustentabilidade
Educar para a sustentabilidade é unha obriga dos gobernos, do sistema educativo e, en definitiva, de toda a sociedade.
Licenza
Todos os recursos educativos ofrécense baixo unha licenza de Creative Commons