No presente proxecto buscouse a sinerxía entre oficios das mulleres do mar e a investigación mariña.
Nesta liña, optouse por amosar as investigacións da doutora Elsa Vázquez, catedrática de bioloxía mariña da Universidade de Vigo, especialista en bioloxía reprodutiva e larvaria de invertebrados mariños, bioloxía e ecoloxía de recursos marisqueiros e especies invasoras e cambio climático en ecosistemas mariños costeiros. Liñas que están relacionadas directamente coa actividade e as preocupacións das mariscadoras e, obviamente, con problemas do Cambio Ambiental Global.
Respecto á investigación educativa, optouse por dúas liñas complementarias:
-
Educación científica para a sustentabilidade auxiliada por TIC, referida ás ciencias do mar e ao Cambio Global, que representa a investigadora Geraldine Fauville (Universidades de Stanford e Gotenborg).
-
A introdución da perspectiva de xénero no enfoque anterior, que desenvolven as investigadoras en Didáctica das Ciencias Experimentais, Mari Lires, Azucena Arias e María Lorenzo, da Universidade de Vigo, tenta poñer de manifesto a presenza de mulleres na investigación oceánica e recuperar os saberes empíricos (salga, secado, conserva) de millóns de antecesoras anónimas para incorporalos ás aulas dos diferentes niveis educativos.
Oceanógrafas galegas:
Máis información
- Pioneras de la Investigación Oceanográfica – Revista IEO Nº1 – Diciembre 2005 – Pags. 14-16-Juan Pérez Rubín (IEO Málaga)