Durante séculos o labor deste colectivo de profesionais que conforma as redeiras era descoñecido, invisible e minusvalorado. Sen embargo, o seu traballo, manual e altamente cualificado, é indispensable para que os barcos de pesca poidan faenar.
Na actualidade empézase a recoñecer o seu importante labor grazas á loita das propias redeiras pola defensa dos seus dereitos e intereses.
As redeiras agrupáronse en asociacións e estas á súa vez en Federacións. A profesionalización e unha formación regulada son necesarias para dar estabilidade ao colectivo, conseguir salarios e condicións de traballo dignas e para garantir o relevo xeracional.