Sustentabilidade en feminino é un proxecto que busca
amosar as achegas das mulleres ao desenvolvemento sustentable
e á conservación dos nosos mares.
Mariscadoras, redeiras, traballadoras da salga e da conserva,
investigadoras mariñas e en educación, de hoxe e do pasado tiveron,
teñen e terán un papel determinante no uso
dos recursos mariños dun xeito responsable
que garanta o seu futuro.